Constitucion do movemento en defensa de Soandres, Montemaior e Cerceda
O pasado 17 de abril fixemos unha xuntanza en Soandres, na carpa da festa do dia anterior que amablemente se nos cedeu para o proposito de informar os veciños do proxecto de un parque macroeolico no noso entorno.
14 aeroxeneradores de 175 metros de altura son os que queren plantar en zonas poboadas, aproveitando unha lei obsoleta que permite que se planten a 500 metros das casas.
175 metros de altura !!! casi 4 veces a altura da torre de hercules, 2.5 veces o alto da catedral de Santiago. A min pareceme ciencia ficcion.
Os 40 veciños ali presentes non dabamos creido a información que estabamos recibindo e decididamente formamos unha comision que vai tratar de seguir informando e de recoller firmas para rexeitar este atropello.
Queremos parar a estas empresas depredadoras que non buscan mais que maximizar os seus beneficios a costa das perdidas dos afectados, sen empatizar minimamente co sentimento veciñal, e co sentido comun de conservacion do territorio
Non rexeitamos nin os avances tecnoloxicos nin as renovables, o contrario buscamos formas de paliar o cambio climatico, pero as nosas accions teñen que ser consensuadas coa veciñanza e os afectados, e traballar a outras escalas.
Si nos queredes apoiar presentade alegacións contra o proxecto na xunta, presencialmente en calquera rexistro de un organismo oficial ou na sede electronica da Xunta ou aqui:
https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
Si queredes un modelo de alegacións podedes usar éste
https://valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com/2022/03/modelo-de-alegacion-ao-parque-eolico-coto-do-loureiro-en-pdf.pdf
https://valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com/2022/04/modelo-de-alegacion-proxecto-lat-220-kv-evacuacion-do-parque-eolico-coto-loureiro-e-se-monte-inxeiro-ampliacion-220-kv-en-pdf.pdf
Podedes encontrar informacion mais completa sobre o proxecto aqui:
https://valfluvialdolouridocorcoesto.com/2022/03/23/conece-o-proxecto-do-parque-eolico-coto-loureiro-nos-concellos-da-laracha-e-cerceda-a-coruna-na-serra-de-montemaior-descarga-o-modelo-de-alegacion-e-partipa/
https://valfluvialdolouridocorcoesto.com/2022/04/15/conece-o-proxecto-lat-220-kv-evacuacion-do-parque-eolico-coto-loureiro-e-se-monte-inxeiro-ampliacion-220-kv-en-laracha-cerceda-e-ordes-a-coruna-descarga-o-modelo-de-alegacion-e-participa/
E por último debemos agradecer a asociacion ambiental Peton do Lobo pola sua labor de alarma temprana e a laboura de recopilacion de informacion, e os modelos de alegacións tan traballadas que estamos usando.
https://valfluvialdolouridocorcoesto.com/asociacion-ambiental-peton-do-lobo/
Comentarios
Publicar un comentario