Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2022
 MANIFESTO EN DEFENSA DE SOANDRES, MONTEMAIOR E CERCEDA SITUACIÓN Soandres, Montemaior e Cerceda sitúanse na confluencia entre a meseta de Ordes e a chaira de Bergantiños. Un territorio que ofrece a comarca costeira as súas maiores alturas. PATRIMONIO As parroquias posúen un grandísimo patrimonio, habendo numerosos vestixios megalíticos que nos indican a presenza humana dende fai 6000 anos. Da época castrexa temos exemplos con máis de media ducia de recintos castrexos, algún deles como Sta Baia, albergando con posterioridade asentamentos romanos moi importantes. San Pedro de Soandres constitúese como a construción relixiosa máis importante da comarca. Unha construción que funde as súas orixes en cultos precristiáns, como así nolo indica a ara romana alí atopada. Vías antigas de comunicación, antigos curtidoiros, capelas, restos de torres medievais, pazos con sona e sobre todo o Río Anllóns, que ten o seu berce a carón do Monte Pedrouzos. As parroquias viviron de cara á terra durant...

Constitucion do movemento en defensa de Soandres, Montemaior e Cerceda

 O pasado 17 de abril fixemos unha xuntanza en Soandres, na carpa da festa do dia anterior que amablemente se nos cedeu para o proposito de informar os veciños do proxecto de un parque macroeolico no noso entorno.    14 aeroxeneradores de 175 metros de altura son os que queren plantar en zonas poboadas, aproveitando unha lei obsoleta que permite que se planten a 500 metros das casas.  175 metros de altura !!!  casi 4 veces a altura da torre de hercules,  2.5 veces o alto da catedral de Santiago.  A min pareceme ciencia ficcion.  Os 40 veciños ali presentes non dabamos creido a información que estabamos recibindo e decididamente formamos unha comision que vai tratar de seguir informando e de recoller firmas para rexeitar este atropello. Queremos parar a estas empresas depredadoras que non buscan mais que maximizar os seus beneficios  a costa das perdidas dos afectados, sen empatizar minimamente co sentimento veciñal, e co sentido comun de cons...