MANIFESTO EN DEFENSA DE SOANDRES, MONTEMAIOR E CERCEDA
SITUACIÓN
Soandres, Montemaior e Cerceda sitúanse na confluencia entre a meseta de Ordes e a chaira de Bergantiños. Un territorio que ofrece a comarca costeira as súas maiores alturas.
PATRIMONIO
As parroquias posúen un grandísimo patrimonio, habendo numerosos vestixios megalíticos que nos indican a presenza humana dende fai 6000 anos. Da época castrexa temos exemplos con máis de media ducia de recintos castrexos, algún deles como Sta Baia, albergando con posterioridade asentamentos romanos moi importantes.
San Pedro de Soandres constitúese como a construción relixiosa máis importante da comarca. Unha construción que funde as súas orixes en cultos precristiáns, como así nolo indica a ara romana alí atopada.
Vías antigas de comunicación, antigos curtidoiros, capelas, restos de torres medievais, pazos con sona e sobre todo o Río Anllóns, que ten o seu berce a carón do Monte Pedrouzos.
As parroquias viviron de cara á terra durante miles de anos, e dou sempre de comer á xeracións de comunidades con apego ao territorio.
ENCRUCILLADA
As nosas parroquias de xeito directo e as nosas comarcas de xeito indirecto atópanse nunha encrucillada histórica da que debemos de saír con vida. Os macroparques eólicos que, sen contar coa veciñanza, pretenden instalarse nos miradoiros naturais das nosas parroquias, miradoiros dos que ata agora presumimos.
O denominado proxecto de Coto Loureiro pretende dilapidar os valores culturais, naturais e sociais das nosas parroquias, incentivando o abandono das mesmas e constituíndo un perigo económico, social e de saúde.
REXEITAMENTO
Por todo isto e dende a responsabilidade coa terra da veciñanza destas parroquias e dende o amor por unhas parroquias limpas,
REXEITAMOS O PROXECTO DE COTO LOUREIRO e convidamos a persoas e entidades a que apoien este manifesto
Comentarios
Publicar un comentario